Wednesday 01 de May de 2024

Este sábado Continúa Música na Rúa con actuacións en Santa Cruz, Santa Cristina e Mera


O sábado 9 de xullo, entre as 20:30 e as 22:30 horas, haberá distintas actuacións musicais do programa Música na Rúa. O grupo Calle Rumba actuará fronte ao Hotel Alda e La 5ta máquina fronte á Tremenda en Santa Cristina; Sophie Simonds situarase diante das terrazas da praia en Mera e As Lens no Porto de Santa Cruz.

Este programa continuará o resto de xullo e agosto amenizando as terrazas de bares e cafeterías do municipio.